EVENTO INFANTIL INFANTIL

O AVÓ, Artestudio Teatro [ESTREA]

Avó‘ é unha peza de teatro unipersoal onde o protagonista lembra todos os momentos, vivencias e ensinanzas que compartiu co seu avó, que xa non está…

Ramiro_Color

Prezo: 6 € (VR) / 8 €
Duración: 60 minutos

Calificación: +4

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 25 de Abril de 2015 | 12:00

SINOPSE

Cando era pequeno, lembro que xogaba co meu pai os venres pola tarde, os sábados e os domingos; pasou un tempo e xogaba co meu pai os sábados e os domingos; pasou un tempo e só xogaba con el os domingos. Un domingo calquera atopei ao meu pai vestido para ir a traballar e dixen: ‘Que fas!. Hoxe é o día de xogar xuntos’. O meu pai miroume e contestoume –‘Es pequeno, non o entendes, se vou traballar é para poder ter máis cousas, para ter unha casa máis grande e para poder facer máis cousas xuntos’. ‘¡Facer máis cousas xuntos!, claro papá, se é para facer máis cousas xuntos, marcha, que eu estarei esperando”. Respondín. E estiven esperando polo meu pai...... pero non esperei só, sempre estivo ó meu carón o meu avó, o meu avó Secundino.



FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: RAMIRO NEIRA. VESTIARIO: ARTESTUDIO. MÚSICA: COLLAGE VINTAGE. DRAMATURXIA: RAMIRO NEIRA. ASESORAMENTO PEDAGÓXICO: ESTEFANÍA VÁZQUEZ. 

IDIOMA: GALEGO