A Classical Concert Chamber Orchestra inicia a súa xira europea no Teatro Colón

A Classical Concert Chamber Orchestra inaugura a súa xira europea cun concerto no Teatro Colón o vindeiro venres 13 de febreiro ás 20:30 horas. A programación continúa o sábado 14 ás 20:30 horas coa comedia De Mutuo Desacuerdo cos actores Toni Acosta e Iñaki Miramón como protagonistas.
A Classical Concert Chamber Orchestra presenta o concerto ‘De Vivaldi y Mozart a Sarasate’, dentro do marco da súa cuarta xira por España que inclúe as cidades de Valencia, Zaragoza, Madrid, Barcelona,Valladolid, San Sebastián, Pamplona, Bilbao e A Coruña, despois continuarán o tour por diversas cidades europeas.

cccOrchestra-45
O concerto ‘De Vivaldi y Mozart a Sarasate’ inclúe unha finísima selección de obras para violín e orquestra dos compositores Antonio Vivaldi e Wolfgang A. Mozart, así como obras mestras de autores españois como Manuel de Falla e entre os Highlights a Fantasía sobre Carmen Op. 25 de Pablo Sarasate, obras interpretadas con virtuosismo polo mestre Ashot Tigranyan que actuará como solista principal. El é o fundador deste versátil conxunto de trinta e cinco músicos de primeira liña, que dá un novo xiro á experiencia orquestral de cámara. Violinista de traxectoria mundial graduado no Conservatorio de Moscú e discípulo de Leonid Kogan, Triganyan fundou a orquestra en California (EEUU) en 2006, esta é a segunda vez que actúan na cidade de A Coruña.
Unha parella en crise para celebrar o Día dos Namorados
O sábado 14 ás 20:30 horas os televisivos actores Toni Acosta e Iñaki Miramón protagonizan a comedia De Mutuo Desacuerdo, un texto de Fernando J. López baixo a dirección de Quino Falero.

de_mutuo_desacuerdo_11
Trátase dunha comedia áxil, irónica e acedamente cotiá protagonizada por unha parella de divorciados cun fillo en común. A estrutura dinámica e áxil amósanos os encontros dos dous, nos que discuten e defenden os seus puntos de vista arredor da educación do seu fillo. Abórdanse temas como a paternidade, a parella ou os novos modelos de familia evitando os discursos morais ou o ton simplificador e deixando que sexa o espectador o que se posicione.