A compañía Ibuprofeno inunda o teatro de agroglamour con ‘O Furancho’

Os furanchos son lugares de encontro e goce gastronómico tipicamente galegos. Trátase das bodegas ou baixos de casas particulares onde se ofrecen os excedentes do viño que os propietarios fixeron para o seu propio consumo. Aínda que co paso do tempo foron diversificando a oferta de produtos, ofrecendo todo tipo de pratos.

139784593490pxh
O período de apertura dos furanchos é estacional e deben contar coa autorización do concello no que se inscriban. Recoñecer un furancho é ben doado: sempre hai unha placa de madeira ou outro tipo de sinal visual que indica que estás no bo camiño (ás veces, vai acompañada dunha rama de loureiro). E é que os furanchos nalgunhas zonas tamén se chaman loureiros, xa que era mediante unha rama desta árbore como un produtor anunciaba aos veciños que tiña excedente de viño ao que quería dar saída.

oFurancho_10

Ibuprofeno Teatro lévanos este sábado ao seu particular furancho ‘un espazo cargado de agroglamour no que se fusionan as tendencias máis ‘trendies’ con elementos propios da pura tradición’, así definen eles mesmos esta proposta con texto e dirección de Santiago Cortegoso e interpretada polas actrices Marián Bañobre e Isabel Risco.

Vén e paga unha ronda. ‘O Furancho’, sábado 21 de marzo ás 20:30 horas.