Alberto San Juan dirixe ‘El Rey’

A obra de teatro ‘El Rey’, escrita e dirixida por Alberto San Juan, chega este xoves 25 ao Teatro Colón. A programación para a fin de semana continúa o venres 26 con Noites de Retranca, con Moncho Borrajo e Mofa e Befa, o sábado 27 co concerto de Pablo López e o domingo 28 co espectáculo de ópera para nenos ‘Il cirque d’amore’.

Alberto San Juan escribe e dirixe a ficción ‘El Rey’ que toma como personaxe central a Juan Carlos I. O actor Luis Bermejo dá vida ao monarca, acompáñano sobre o escenario Javier Gutiérrez e Guillermo Toledo. A obra é un percorrido pola verdade oficial e oficiosa dunha etapa histórica de España centrada na persoa do anterior xefe do estado.

ElRey_WEB

A ficción presenta ao monarca nas súas horas máis baixas, retrata un home que xa non serve pero que serviu para moito, San Juan intenta desentrañar para que e a quen serviu. Ademais do rei Juan Carlos, outros personaxes que aparecen na proposta son Don Juan de Borbón, Francisco Franco, Chicho Sánchez Ferlosio, Henry Kissinger, Adolfo Suárez ou Felipe González.

‘El Rey’ é a quinta produción de Teatro del Barrio e dende a compañía aseguran que se trata de ‘una obra contra la ignorancia, estamos convencidos de que sólo puede cambiar su realidad aquel que la conoce’. Aseguran que non se trata dunha parodia ou unha burla e que o personaxe é tratado con moita humanidade.

Noites de Retranca e ópera para nenos

O venres 26 ás 21:00 horas volve o humor ao Teatro Colón co show Noites de Retranca, que xuntará sobre o escenario a Moncho Borrajo e Mofa e Befa. As entradas para o concerto de Pablo López do sábado 27 están esgotadas, o recital enmárcase dentro da xira Tour El Mundo coa que o artista presenta o seu novo traballo discográfico ‘El mundo y los amantes inocentes’.

_YAK6816web

O domingo 28 ás 18:00 horas o Butterfly Ensemble presenta ‘Il cirque d’amore’, un espectáculo para toda da familia co que pretender achegar a ópera ao público infantil. A través dunha historia chea de brincadeiras para nenos e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico moi popular.