APRAZAMENTO DO EMHU AO 2021

APRAZAMENTO:

Con motivo das restricións sanitarias a causa do COVID-19, aplázanse os espectáculos do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), que se realizará finalmente entre o 7 e o 16 de maio de 2021. 

As novas datas previstas son: 

Venres 07/05/2021 – 21:00h – Pantomima Full – Teatro Colón

Sábado 08/05/2021 – 19:30h y 22:30h – Humoris Causa – Palacio de la Ópera

Sábado 08/05/2021 – Programas Cadena Ser – Teatro Colón

Venres 14/05/2021 – 21:00 – Deforme Semanal – Teatro Colón

Sábado 15/05/2021 – 12:30 – Diario de una pulga – Teatro Colón 

Sábado 15/05/2021 – 20:30 – La Vida Moderna – Coliseum

Domingo 16/05/2021 – 20:00 – Fantastic Colofón – Teatro Colón

 

Para compras online: enviarase un comunicado a todos os compradores vía email dándolles as opcións de: reimprimir un novo tícket coa data actualizada ou solicitar a devolución do importe da entrada. 

En caso de que se adquirira máis dunha localidade, pode solicitarse a devolución parcial, de non todas as localidades adquiridas. 

O prazo máximo para a devolución das entradas adquiridas é de 1 mes. 

Para localidades adquiridas nas billeteiras: as persoas que desexen asistir ao evento na nova data, poderán facer uso dos tíckets que xa teñen. Aínda que figure a data inicialmente prevista, os tíckets serán válidos. 

As persoas que non desexen asistir deberán dirixirse á billeteira da praza de Ourense para a devolución desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro de 2020. Se as localidades foron adquiridas con tarxeta de crédito, poden solicitar a devolución enviando un correo a imce@gestiontickets.online

indicando a referencia da súa entrada ou enviando unha imaxe da mesma. As devolucións realizaranse a través do mesmo medio de pago co que se realizou a compra.