ARTES DEL MOVIMIENTO – RESIDENCIA DE INVESTIGACIÓN – JAVIER MARTÍN

A Residencia de Investigación de Javier Martín no Teatro Colón desenvólvese dende setembro de 2015 ata setembro de 2016, como parte do proceso de creación da súa nova peza ‘symptoma’ xunto a Oleg Karavaichuk, célebre pianista ruso falecido en xuño de 2016 en San Petersburgo. A partir da perda de Karavaichuk, Javier Martín traballa na construción dunha nova obra, ‘la exforma’, resultado tamén das investigacións e prácticas colectivas realizadas ao longo do ano de residencia, cuxa presentación absoluta se presenta no Teatro Colón o venres 23 de setembro de 2016, pechando o programa de charlas e mesas de debate co que se clausura esta residencia.

Descarga memoria de residencia aquí.

  Foto: María Meseguer

‘Teño un gran compromiso coas entornas na que bailo, e estou moi involucrado na creación dun contexto. Isto pasa por facer un traballo forte de comunidades no que achegarme nunha relación de ti a ti ao público, a compañeiros de profesión, reunirme con xestores, programadores, teóricos, científicos, medios de comunicación, etc, é cousa básica, transcendente e entretida; dá moita información e capacita sen dúbida para continuar xuntos. Quero dicir que para min é un feito artístico de primeira orde saber desenvolver un traballo comunitario para que se produzan sinerxías imprescindibles e que todos saiamos enriquecidos de tal encontro, non me interesan os conflitos de intereses, o que me gusta é atopar lugares comúns dende os que traballar e medrar.’ www.javiermartin.com

GRUPO DE INVESTIGACIÓN EN ARTES DO MOVEMENTO  

En setembro de 2015 construíuse, mediante convocatoria aberta, un grupo de investigación en artes do movemento con persoas procedentes de ámbitos diversos, que se reuniron periodicamente co obxectivo de intervir e soster o proceso de investigación poñendo a proba os límites da creación e involucrar á contorna no traballo escénico co afán de construír un contexto máis interesante para todos.

Con esta iniciativa tratamos de estudar novas formas de colaboración no desenvolvemento de prácticas que vaian máis alá da exhibición. Esta dinámica de traballo permite abrir o teatro, provocando expansións con outros centros públicos e privados da contorna, atopando os vínculos naturais entre as artes do movemento e outros saberes.

ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE A RESIDENCIA

As actividades desenvolvidas durante a residencia (conferencias, obradoiros, seminarios teórico-prácticos, intervencións performativas, encontros…) xiraron en torno a texturas, percepción, creatividade e movemento.

Así, durante a residencia celebráronse no Teatro Colón un total de 17 encontros e prácticas con distintos grupos, axentes sociais e culturais, actividades polas que pasaron centos de persoas a traballar no escenario do teatro, dun xeito moi diferente ao que é habitual aproximarse como espectadores. Pero tamén se xeraron desbordamentos a través da rede creada polos propios axentes participantes na residencia, realizando preto de 20 actividades en facultades, museos, centros educativos e espazos culturais, tanto en A Coruña como noutras localidades.

Entre as accións levadas a cabo no Teatro Colón atópanse a celebración dunha conferencia performativa ‘CsO [cómo construir un cuerpo sin órganos]’ e dun laboratorio de iniciación ás artes do movemento ‘el cuerpo fantasma’, 5 sesiones prácticas do grupo de investigación en torno a texturas, percepción, creatividade e movemento; 6 encontros con distintos grupos de estudantes das facultades de Educación Física, Ciencias da Saúde, Ciencias da Educación, Escola Técnica Superior de Arquitectura ETSAC, e Ciclo Superior e Educación Infantil Ánxel Casal CIFP; un encontro con estudantes do Colexio Ramón de la Sarga; e a acollida da rodaxe para un proxecto de creación audiovisual por integrantes do grupo de investigación.

Entre as expansións realizadas por Javier Martín noutros lugares fóra do Teatro Colón, atópanse dúas conferencias na USC e no centro ABANCA de Santiago de Compostela; dúas intervencións no MAC Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa de A Coruña; a participación no escaño cidadán no Concello da Coruña; 3 encontros en centros e facultades da UDC; 5 visitas a colexios públicos de A Coruña e Carballo; e 2 actuacións públicas nas localidades de Rianxo e Carballo, onde se presentaron as pezas de danza ‘Oximórica’ e ‘Antiedipo’.

Accións levadas a cabo no Teatro Colón dentro deste proceso de investigación en torno ás artes do movemento baixo a dirección de Javier Martín:

  • 15 de setembro – 1º encontro do Grupo de Investigación
  • 6 de outubro – 1ª sesión de traballo do Grupo de Investigación
  • 3 de novembro. Grupo da Facultade de Educación Física de A Coruña (INEF Galicia)
  • 4 de novembro. Workshop ‘O Corpo Fantasma’, laboratorio de iniciación ás artes do movemento
  • 5 de novembro. Workshop ‘O Corpo Fantasma’, laboratorio de iniciación ás artes do movemento
  • 9 de decembro. Grupo da Facultade de Ciencias da Saúde da UDC, coordinado por Nereida Canosa
  • 15 de decembro. 2ª sesión de traballo do Grupo de Investigación
  • 21 de xaneiro. Grupo de alumnos del Máster Universitario de Profesorado do itinerario de Artes da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, coordinado por Chema Mesías
  • 21 de xaneiro. Conferencia performativa CsO [cómo construir un cuerpo sin órganos]
  • 1 de febreiro. Encontro co colexio Ramón de la Sarga
  • 2 de febreiro. 3ª sesión de traballo do Grupo de Investigación
  • 3 de marzo. Grupo da rama de proxectos da ETSAC, Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, coordinado por Mario di Felice e Emma López Bahut
  • 3 de marzo. Grupo de alumnos do Ciclo Superior de Educación Infantil do Anxel Casal CIFP, coordinado por Carmen García-Paz
  • 14 de marzo. 4ª sesión de traballo do Grupo de investigación
  • 4 de abril. Grupo da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, coordinado por Héctor Pose
  • 7 de abril. 5ª sesión de traballo do Grupo de Investigación. ‘El espacio como prolongación del cuerpo’. Encontro para a análise: presenza, circuitos e movemento
  • 18 ao 21 de xullo. Sesións de rodaxe no escenario do proxecto de creación audiovisual de formato curto e carácter experimental que recolla o proceso de investigación e creación da coreografía ‘la exforma’. Unha proposta do arquitecto e fotógrafo Tono Mejuto, integrante do grupo de investigación articulado dende a residencia, con Iria Ares e Miguel Mariño, con apoio da Agadic, a través do programa de ‘Subvencións á creación para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego

Expansións da residencia de investigación levadas a cabo noutros centros e localidades, baixo a dirección de Javier Martín:

  • 14-15 de setembro. Conferencia CsO [cómo construir un cuerpo sin órganos], congreso ‘El teatro fuera del teatro: performatividades contemporáneas’, Facultad de Filología, Universidade de Santiago de Compostela, coordinado por Anxo Abuín
  • 11 de decembro. Expansión no MAC Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Unión Fenosa, A Coruña, da man de Jacobo Bugarín: Prácticas invisibles. Trasladar o estudo de traballo e a análise do cotiá ao espazo museístico. A rutina en fuga
  • 12 de febreiro. Iria Ares, integrante do grupo de investigación participa en calidade de portavoz da residencia no escaño cidadán no Concello de A Coruña, propoñendo un debate sobre as políticas públicas para futuras residencias de creación na cidade
  • 1 de marzo. Activismo pedagóxico: estudos acerca de la performatividade. Encontro con 80 alumnos del CPI Conde de Casal, Ares
  • 2 de marzo. Activismo pedagóxico: estudos acerca da performatividade. Encontro con alumnos de Terapia Ocupacional na Facultade de Ciencias da Saúde da UDC, A Coruña, coordinado por Nereida Canosa
  • 14 de marzo. Activismo pedagóxico: estudos acerca da performatividade. Encontro con máis de 50 alumnos na Facultade de Ciencias Físicas e do Deporte (INEF Galicia) da UDC, A Coruña, coordinado por Marta Bobo
  • 11 de abril. Encontro co grupo do laboratorio ‘O Ollo da Arte’ coordinado por Antía Otero en Normal -espazo de intervención cultural da UDC-, para compartir impresións acerca dos seus propios procesos de creación
  • 12 a 15 de abril. Catro sesión de traballo con 100 estudantes dos centros públicos Colexio Artai, IES Isidro Parga Pondal, IES Monte Neme e do IES Alfredo Brañas, en Carballo
  • 15 de abril. ‘Antiedipo’ en Carballo. Actuación no 14º festival Primavera en Danza, Pazo da Cultura, Carballo, acompañada dun obradoiro de movemento e un encontro co público
  • 27 de abril. Conferencia (CsO) cómo construir un Cuerpo sin Órganos, Sala de Conferencias do Centro ABANCA Obra Social, Santiago de Compostela
  • 4 de maio. Presentación da memoria da residencia de investigación no MAC, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Unión Fenosa, A Coruña
  • 11 de xuño. ‘Oximórica’ en Rianxo. Actuación na praza Rafael Dieste, acompañada dun obradoiro de movemento e un encontro co público

CREACIÓN. ‘SYMPTOMA’ E ‘LA EXFORMA’.

Javier Martín colaborou co pianista ruso Oleg Karavaichuk dende agosto de 2015 para a creación dunha peza escénica, un concerto performativo baixo o tíulo de ‘symptoma’. Este proxecto España-Rusia foi desenvolvido en colaboración coa Fundación Karavaichuk, Classic Multimedia Group e Kannos Dance Hourse (San Petersburgo); a través do traballo de investigación realizado por Javier Martín durante as residencias artísticas no Museo Universidad de Navarra en Pamplona e no Teatro Colón en A Coruña, co apoio da Deputación de A Coruña.

Un avance de ‘symptoma’ foi presentado públicamente en febreiro de 2015 no Museo Universidad de Navarra MUN, en compañía de Oleg Karavaichuk, co apoio do Festival de cine Punto de Vista. Tras o falecemento de Karavaichuk, en xullo de 2016 Javier Martín presentou un tributo en memoria do mestre no contexto do Open Look Internacional Dance Festival de San Petersburgo, Rusia. Recollendo todo o traballo realizado durante o último ano, Javier Martín traballa na creación dunha nova peza, ‘la exforma’, cuxa presentación absoluta celebrarase no Teatro Colón na clausura desta residencia.

COLABORAN:

teatro-colon-logo          DepCor_cor_horiz       igapa

Javier Martín (A Coruña, España) é coreógrafo e performer, o seu traballo xira en torno á investigación nas artes do movemento e está baseado nos rigores da improvisación como principal método de creación e linguaxe escénico. Dende 2004 estreou máis de 30 pezas da súa creación, como ‘control’, ‘el ansia’, ‘el antiedipo’, ‘el estado crudo’ ou ‘symptoma’, esta última en colaboración co músico ruso Oleg Karavaichuk. De formación académica en ciencias (é químico, especializado en mecánica cuántica) e cun interese especial pola filosofía, o seu traballo como creador é tamén un proceso de investigación de corte epistemolóxico. O iluminador Octavio Mas aporta a súa sensibilidade e saber facer ao proxecto artístico. En paralelo á creación de espectáculos, Javier Martín intervén sempre na creación de contextos, desenvolvendo iniciativas como a activación y coordinación de grupos de investigación, a celebración de conferencias performativas, seminarios, obradoiros do espectador, etc; actividades transdisciplinares nas que colabora con profesionais de diversas disciplinas: artistas, arquitectos, médicos, docentes, filósofos… en teatros, centros de arte, universidades, congresos, festivais e outras contornas.