‘As artes escénicas deben espertar ao persoal, crear fascinación’

Falamos brevemente con Javier Martín con motivo da conferencia que impartirá este xoves 21 no Teatro Colón –CsO [cómo construír un cuerpo sin órganos]. Plan que vos recomendamos encarecidamente para abrirnos a outros xeitos de entender a cultura, o corpo e a vida.

Como xorde CsO?

Trátase dunha conferencia que pretender achegar dende un punto de vista teórico algúns contidos da prxis máis contemporánea arredor do corpo e o movemento. Xurdiu da xenerosidade de Mario Di Felici, profesor na ESATC, ao querer compartir as investigación en artes do movemento que teño entre mans cos seus alumnos. Dende entón leveina a un montón de lugares.

Que cuestións nos vas presentar este xoves?

Ferramentas dende o paradigma do movemento que sosteñan a creación de contextos subxectivos para o desenvolvemento das artes e das ciencias. Quizais unha ciencia do movemento aínda sen nome. Ai é nada.

Esta nova intervención no Teatro Colón é froito do teu xeito de entender as artes escénicas. A que deben responder na actualidade?

Crear novos e estimulantes paradigmas para achegarnos a iso que chamamos o real. Despertar ao persoa, crear fascinanción.

Como podemos achegarnos a unha percepción o máis real posible do propio corpo?

Percibir marca límites, allí donde nos enfoquemos creamos una singularidad. El observador incide sobre lo observado. Distintos ritmos pautan distintos patrones, a su través adquirimos perspectiva.

Que obteremos se o conseguimos?

Novas ensoñacións.

 

Conferencia performativa: CsO [cómo construír un cuerpo sin órganos]

Imparte: Javier Martín

Data e horario: Xoves 21 de xaneiro ás 21 horas

Prezo: 3 €

Aforo: 40