Beatriz Carvajal e Sergio Pazos protagonizan a comedia ‘Los Diablillos Rojos’

O sábado 25 de xuño chega ao Teatro Colón ‘Los Diablillos Rojos’, unha atolada comedia que pon enriba do escenario dous casos de psiquiatría baseados en feitos reais. Beatriz Carvajal comparte por vez primeira cartel coa súa filla Montse Plá xunto ao galego Sergio Pazos e Javier Lago.

Beatriz Carvajal interpreta a Toñi, unha muller madura que, a consecuencia de varios traumas que sufriu ao longo da súa vida, padece unhas sorprendentes visións duns diaños que a fan gozar como nunca o puido facer na realidade. Debido a este trastorno é ingresada de urxencia nun hospital público onde coñece a Andrés, que interpreta Javier Lago, outro paciente que ten síndrome de Cotard.

Arturo Roldán –médico psiquiatra e psicoanalista- e Eduardo Galán –profesor e home de teatro- asinan este texto, que foi para ambos un pracer escribir ‘ha sido para nosotros un placer colaborar en la escritura de esta comedia centrada en la soledad y el amor como auténtica terapia para curar nuestras enfermedades’.

Beatriz_Carvajal

Cómpre ademais destacar o equipo artístico que colabora na produción, coma o humorista gráfico José Gallego, a metade de Gallego & Rey, que deseñou os debuxos dos dianiños que ve Toñi e que serán proxectados sobre o escenario da man de Emilio Valenzuela. A música e o espazo sonoro corren a cargo de Tuti Fernández, Mayka Chamorro asina o vestiario e José Alberto Tarín o deseño de iluminación.