Café Quijano volve ao bolero

O grupo leonés, Café Quijano, presenta o vindeiro venres 1 de maio ás 21:00 horas o seu último traballo discográfico: Orígenes: El Bolero, Vol. 3. Esta é a terceira incursión que a formación, integrada polos irmáns Óscar, Manuel e Raúl Quijano fan neste xénero.

Hai dez anos que Café Quijano se apartou do mundo da música e fixérono cun disco que era puro rock, anos máis tarde sorprendéronnos volvendo ao panorama musical cun disco de boleros ‘el bolero habla de temas muy reconocibles, es como si hablaras de una necesidad básica del ser humano. Todo el mundo se ha enamorado y ha sufrido por amor. Por eso gusta tanto’ afirmou Óscar Quijano esta mañá na presentación do concerto.

O concerto do vindeiro venres 1 de maio será o número vinte e dous dunha xira coa que xa percorreron gran parte do país e que os levará a Estados Unidos e Latinoamérica. Este é o terceiro disco que os irmáns Quijano dedican ao bolero e afirman que a resposta do público foi mellorando con cada un dos discos, en palabras de Óscar Quijano a boa resposta débese tamén a comunicación que se establece nos concertos entre eles e o público ‘el concierto es mucho más que boleros, hay transmisión de sentimientos  y de buen rollo. El público lo percibe y se lo pasa muy bien’.

Din sentirse moi a gusto neste xénero e adiantan que haberá máis discos cen por cen dedicados ao bolero. Os irmáns puntualizan tamén que presentan boleros inéditos e non só versións dos grandes clásicos. Serán tres horas de concerto para somerxerse no xénero que mellor canta as penas e alegrías  do corazón.

Compra as túas entradas