Lucecús Teatro presenta a súa primeira montaxe

Lucecús Teatro é unha das novas compañías que alimentan a escena galega, creada recentemente polos actores Anxo Manoel, Isa Herrero e Rubén Pérez, aposta por unha dramaturxia propia en galego. O sábado 5 ás 20:30 horas presentan no Teatro Colón a súa primeira montaxe ‘A órbita do Lucecú’. O venres 4 ás 20:30 horas a…

Alberto San Juan dirixe ‘El Rey’

A obra de teatro ‘El Rey’, escrita e dirixida por Alberto San Juan, chega este xoves 25 ao Teatro Colón. A programación para a fin de semana continúa o venres 26 con Noites de Retranca, con Moncho Borrajo e Mofa e Befa, o sábado 27 co concerto de Pablo López e o domingo 28 co…

El peñón es nuestro, unha parodia da política actual

O venres 19 ás 20:30 horas chega ao Teatro Colón a sátira ‘El Peñón es nuestro’, escrita por José Manuel Lechado e dirixida por Rosa Fernández Cruz ironiza sobre a política actual levando as situacións ao extremo. O xoves 18 ás 21:00 horas continúa o ciclo Xoves de Música co concerto da Orquesta Sonoridad e…

Chega ao Colón a adaptación do éxito de Agatha Christie ’10 Negritos’

Cargada de misterio e suspense chega ao Teatro Colón un dos textos máis emblemáticos de Agatha Christie ‘10 Negritos’, todo un éxito que bateu todos os récords de lectores e espectadores. Poderá verse o venres 12 de febreiro ás 21:00 horas e o sábado 13 ás 19:00 e ás 22:00 horas. O domingo 14 ás…

A obra de teatro ‘Pánico’ será substituída pola comedia ‘El peñón es nuestro’

Ante a cancelación da xira de ‘Pánico’ por motivos persoais insalvables dun dos actores vémonos na obriga de cancelar a función prevista para o vindeiro venres 19 de febreiro. Por deferencia co público a produtora de ‘Pánico’ poñerá en escena a comedia ‘El peñón es nuestro’ e comprométese a volver con ‘Pánico’ ao Teatro Colón…

‘As artes escénicas deben espertar ao persoal, crear fascinación’

Falamos brevemente con Javier Martín con motivo da conferencia que impartirá este xoves 21 no Teatro Colón –CsO [cómo construír un cuerpo sin órganos]. Plan que vos recomendamos encarecidamente para abrirnos a outros xeitos de entender a cultura, o corpo e a vida. Como xorde CsO? Trátase dunha conferencia que pretender achegar dende un punto…

O Chicago Mass Choir rende homenaxe a B. B. King

Despois do seu paso por distintas cidades galegas o Festival Os Grandes do Gospel clausura esta edición no Teatro Colón cun concerto o mércores 23 de decembro ás 20:30 horas a cargo do Chicago Mass Choir. A programación de Nadal continuará con propostas dirixidas tanto a público infantil como adulto, as citas máis inmediatas serán…

Josema Yuste protagoniza a comedia Taxi

Despois de protagonizar ‘La cena de los idiotas’ o popular actor e cómico Josema Yuste dá vida a un taxista nesta atolada comedia de Ray Cooney. ‘Taxi’ poderá verse no Teatro Colón o venres 11 e o sábado 12 de decembro ás 20:30 horas. Josema Yuste asina xunto a Alberto Papa-Fragomén a versión e dirección….

O Centro Dramático Nacional trae ao Teatro Colón ‘Kafka Enamorado’

O Centro Dramático Nacional presenta este venres 20 e o sábado 21 ás 20:30 horas ‘Kafka Enamorado’. Unha montaxe en torno á descoñecida vida do escritor checo que dirixe José Pascual a partir dun texto de Luis Araújo. O domingo 22 ás 18:00 horas o público familiar poderá gozar coa adaptación para nenos da ópera…

Don Juan Tenorio en Femenino – Actividades Paralelas

O Teatro Colón estrea este venres 30 ás 20:30 horas a montaxe ‘Don Juan Tenorio en Femenino’ que puxo en marcha coa colaboración e implicación dunha serie de entidades e institucións do ámbito local. O sábado 31 ás 20:30 horas haberá outra función, despois a peza representarase o domingo 1 no Pazo da Cultura de…