Chega ao Teatro Colón un premio Pulitzer baixo a dirección de Daniel Veronese

• Cena con Amigos poderá verse o xoves 18 e o venres 19 ás 20.30 horas
Chega ao Teatro Colón a última posta en escena do reputado dramaturgo arxentino Daniel Veronese, Cena con Amigos. Este texto, escrito polo norteamericano Donald Margulies, gañou o Premio Pulitzer no 2000 e achéganos a hipocrisía e falsidade nas relacións. A obra poderá verse no Teatro Colón o xoves 18 e o venres 19 ás 20.30 horas.
Daniel Veronese, Premio MAX ao mellor director iberoamericano, recalca a beleza e intelixencia deste texto. Todo comeza cunha cea entre amigos, compartindo anécdotas e vivencias. De súpeto, a noticia da ruptura dunha das parellas comeza a romper esa aparente serenidade. Veronese pon a atención na hipocrisía familiar que mira cara fóra e moi pouco cara dentro.
May Pascual, Gloria López, José Olmo e Orencio Ortega dan vida a estas dúas parellas de amigos que durante unha cea, decátanse da fraxilidade dunha relación que parecía perfectA e inquebrantable. Unha proposta que ven abalada polos premios e pola crítica: ‘En Cena con Amigos parece regresar el mejor Veronese […] Los cuatro actores dan mucho de sí sin salidas de tono, se mueven en una región muy definida, poco estridente’ –P.J.L. Domínguez, Guía del Ocio. ‘Se recomienda ver Cena con Amigos, solo o de tres en tres, y no en pareja, por lo que pudiera pasar. Hay en este texto de Donald Margulies una belleza simple, el dulce encanto de una burguesía que desconoce su propia tragedia’, Javier Villán, El Mundo.
A programación semanal do Teatro Colón complétase coa actuación do humorista Goyo Jiménez, o sábado 20 ás 19.30 e ás 22.00 horas, e co espectáculo infantil ¡Vivan los niños!, un musical da compañía La Guagua con función o domingo 21 ás 18.00 horas.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.