CHICA ENCUENTRA UN CONEJO

Hai uns días comezou a circular un vídeo polas redes sociais baixo o título: Chica encuentra un conejo y mira lo que pasa al final. Con este titular tratábase de chamar atención e espertar a curiosidade dos internautas arredor do tema do vídeo.

E o tema (musical neste caso) non era outro que ‘Robin’, o novo videoclip do grupo coruñés Escuchando Elefantes que este venres 17 ás 21:00 horas presenta no Teatro Colón o seu último traballo: ‘Happy Lonely People’.

Se ese titular non espertou a túa curiosidade agora tes outra oportunidade para ver o videoclip. Aproveitamos tamén para emprazarte ao concerto deste venres para que coñezas de primeira man o son natural e cheo de forza de Escuchando Elefantes.

VER VIDEOCLIP