Concerto benéfico de Keilin 4 Ensemble

O vindeiro xoves 30 de abril ás 21:00 horas terá lugar no Teatro Colón o concerto Keilin 4 Ensemble, trátase dun concerto benéfico organizado pola Deputación da Coruña no que se recolleran alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas.

Keilin 4 Ensemble é un grupo formado por membros dunha mesma familia cunha gran paixón común: a música clásica. Ilia e María Keilin chegaron a Galicia de San Petersburgo hai dúas décadas e forman o grupo xunto a dous dos seus fillos, cuns pais que senten adoración pola música e se dedican profesionalmente a ela – el toca na banda municipal e ela é pianista no Conservatorio de Danza- non é de estrañar que os fillos continúen esta gran paixón.

As entradas son de balde e poden recollerse no despacho de billetes do Teatro Colón o mércores 29 e o xoves 30 en horario de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Os alimentos recolleranse na entrada do teatro o mesmo día do concerto a partir das 20.00 horas.

Cartel_Keilin4_PEQ