Cristina Castaño protagoniza ‘El Lenguaje de tus Ojos’ esta fin de semana no Teatro Colón

Este venres 14 e sábado 15 poderemos ver a última montaxe da compañía Teatro de la Danza de Madrid, trátase de El Lenguaje de tus Ojos de P. Marivaux. Unha montaxe dirixida por Amelia Ochandiano e cun reparto de luxo, Cristina Castaño, Iker Lastra, Rebeca Valls, Jacobo Dicenta, Juan Gea e Beatriz Bengamín dan vida aos personaxes desta divertida comedia.
2de0c1_23fdf04452137fe35b2e311991b1d867.jpg_1024
El Lenguaje de tus Ojos é unha comedia do francés Pierre Marivaux que xa se puido ver nos principais festivais de teatro clásico como o de Almagro ou o de Alcalá de Henares. A obra cóntanos a historia da princesa de Barcelona, interpretada pola actriz galega Cristina Castaño, coñecida pola súa intervención na serie da TVG Pratos Combinados e actualmente no reparto de La que se avecina. A obra está chea de enredos amorosos, infidelidades e relacións de curta duración cheas de intereses de todo tipo, excepto amorosos.

galeria_g_01_lenguaje
A directora Amelia Ochandiano recoñece que se sentiu moi atraída pola beleza do texto ‘es una prosa directa a los sentidos, a la inteligencia y al corazón. Un auténtico placer escrito para ser dicho, oído y escuchado’. Recoñece tamén que o seu obxectivo principal á hora de montar esta obra foi producir no espectador o calafrío que provocan os clásicos cando, a pesares do tempo transcorrido, seguen a falar do home contemporáneo e daquelas cousas que perduran a través do tempo.