Don Juan Tenorio en Femenino – Actividades Paralelas

O Teatro Colón estrea este venres 30 ás 20:30 horas a montaxe ‘Don Juan Tenorio en Femenino’ que puxo en marcha coa colaboración e implicación dunha serie de entidades e institucións do ámbito local. O sábado 31 ás 20:30 horas haberá outra función, despois a peza representarase o domingo 1 no Pazo da Cultura de Narón.

O proxecto naceu como unha acción formativa para actrices amateurs ou en proceso de formación. Para afondar nesta aprendizaxe organízanse nos días previos á estrea unha serie de actividades gratuítas e abertas ao público. O mércores 28 ás 19:00 horas Violeta Bellas, profesora de Lengua e Literatura no IES María Casares de Oleiros, fará un percorrido polas distintas interpretacións literarias deste clásico. O xoves 29 ás 19:00 horas a profesora María Xosé Taboada, docente no mesmo centro de Oleiros, moderará unha mesa redonda na que abordará o Romanticismo, o macabro na literatura da época e a súa presenza na literatura galega.