El Centro Dramático Nacional trae al Teatro Colón ‘Kafka Enamorado’
O Centro Dramático Nacional presenta este venres 20 e o sábado 21 ás 20:30 horas ‘Kafka Enamorado’. Unha montaxe en torno á descoñecida vida do escritor checo que dirixe José Pascual a partir dun texto de Luis Araújo. O domingo 22 ás 18:00 horas o público familiar poderá gozar coa adaptación para nenos da ópera ‘Hansel e Gretel’ de Engelbert Humperdinck.
Beatriz Argüello, Fernando Coronado (El secreto de Puente Viejo) e Chema Ruíz dan vida aos protagonistas desta historia real e complexa que rematou de xeito dramático ante a imposibilidade de realización do amor que sentían Franz Kafka e Felice Bauer. Os dous coñecéronse na casa de Max Brod, un íntimo amigo do escritor que daría a coñecer a súa obra ao mundo. A pesar de que os dous estaban moi namorados a súa relación converteuse nun constante malentendido que lles fixo romper tres veces os seus plans de matrimonio. Fernando Coronado interpreta con mestría a un Kafka sometido á traumática autoridade paterna e incapaz de liberarse do seu traballo de funcionario que utiliza a escrita para buscar respostas.
A obra obtivo o apoio da crítica especializada, que gabou con entusiasmo o texto, a dirección e a interpretación desta montaxe: ‘…Luis Araújo recrea en un vertiginosa hora el pulso entre el amor y el choque de la legendaria pareja… Un texto de ritmo implacable… El final de la función es tan redondo y misterioso como el del cuento de Carver… Desgarrada reflexión sobre la soledad del artista que vive sometido el cilicio de la página en blanco’.
Unha ópera para toda a familia
O domingo 22 ás 18:00 horas ‘Hansel, Gretel y la casita de chocolate’ achega aos máis pequenos o xénero do bel canto a través da adaptación da ópera de Engelbert Humperdinck.
‘Hansel y Gretel’ con libreto de A. Wette, irmán do compositor, e baseada no clásico conto dos irmán Jacob e Wilhelm Grimm narra a historia de dous irmáns que se perden no bosque cando saen a coller fresas. Os seus pais saen na súa busca temerosos de que caian nas mans dunha malvada bruxa que captura aos nenos coa intención de que sexan o ingrediente principal dun suculento pastel.