Teatro

10 NEGRITOS, Enrique & Alain Cornejo Producciones

‘10 NEGRITOS’ é ‘a mellor idea de Agatha Christie’, recoñecido pola propia autora. Escrita en 1939, bateu todos os récords de espectadores e lectores. Cuns 100 millóns de copias vendidas, ata o momento; é a novela de misterio máis vendida da historia e está considerada dentro dos 10 libros máis vendidos de todos os tempos. En teatro tivo o maior dos éxitos xunto ao tamén emblemático título desta mesma autora, La Ratonera.

‘10 NEGRITOS’ estreouse no noso país tan só en tres ocasións ao longo dos 70 anos transcurridos dende a súa estrea en Londres. No ano 1958, da man de Arturao Serrano, no Teatro Infanta Isabel. En 1973, da man de Esteban Polls, no Teatro Alcázar de Madrid. A última, no ano 2000 baixo a dirección de Ricard Reguant e producida por Enrique Cornejo, con miles de representacións en todo España.

De novo, quince anos máis tarde, únense Reguant e Cornejo para crear unha produción e nova versión en torno a este título e tratar así de complacer aos miles de afeccionados a este xénero e seguidores de Doña Agatha Christie: porque é un teatro de evasión moi ben escrito e de intriga constante, que permite un acto de ocio social para familias e todo tipo de espectadores. En París, Londres, Berlín, Nova York… nunca falta nas súas carteleiras teatrais unha obra desta gran autora.

Esta nova posta en escena está máis acorde aos tempos e estética do momento, cunha clara influencia aos ‘Mad Men’ televisivos, nos que se inspira. Esperemos que gocen con estes dez personaxes pechados nunha illa e que ata o final non saberemos se son vítimas ou asesinos. Dende a súa última estrea xurdiron 4 xeracións novas de espectadores que aínda non coñecen o final: a eles, e a todo bo afeccionado ao teatro, brindamos esta marabillosa obra.

Prezo: 15 € (VR) / 24 €
Duración: 105 minutos
Idioma: CAS
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 12 de Febreiro de 2016 | 21:00
  • Sábado, 13 de Febreiro de 2016 | 19:00
  • Sábado, 13 de Febreiro de 2016 | 22:00

FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: MÓNICA SORIA, ANTONIO PONCE, QUIM CAPDEVILLA, CARLA HIDALGO, DAVID ZARZO, CARLOS SEGUI, JORGE LUCAS, EVA TORRES, PABLO VIÑA, ANTONIO ALBELLA, coa colaboración virtual de MANUEL GALIANA. DIRECCIÓN: RICARD REGUANT.