WEB 5 y Acción
Teatro

5 y … Acción!!!

A nova e inocente presentadora do Tempo dun telexornal de máxima audiencia tamén é, ‘casualmente’ a amante do presidente do canal de televisión. Marisol (Marta Hazas) soña con converterse en actriz. E Adolfo (Carlos Sobera) decide cumprir o soño da súa “moza”. Para iso contrata os servizos dun mediocre aspirante a director de cine (Javier Veiga).

Adolfo está disposto a producir unha longametraxe con Marisol como protagonista. Aínda que non está claro se quere que ela triunfe ou que a película sexa un fracaso estrepitoso para que Marisol, desencantada, volva aos seus brazos a seguir sendo ‘a moza do tempo’ e a súa ‘moza pasatempo’.

Max intentará salvar a súa película. Marisol intentará salvar o seu soño. Antonia intentará salvar o seu traballo. A muller de Adolfo, Pilar, intentará salvar o seu matrimonio. E Adolfo intentará salvar o seu cu.

Todos ocultan algo, todos queren algo do outro, e ninguén se fía de ninguén. Pero mentres tanto, comeza a rodaxe da película: ‘5 e … Acción!!!

Prezo: 20€ (V.R.) / 24€ antes de 20.04.2017 - 22€ (V.R.) / 26€ a partir de 21.04.2017
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 5 de Maio de 2017 | 20:30
  • Sábado, 6 de Maio de 2017 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: JAVIER VEIGA, MARTA HAZAS, CARLOS SOBERA, MARTA BELENGUER, ANA RAYO. GUIÓN E DIRECCIÓN: JAVIER VEIGA. PRODUCIÓN EXECUTIVA: PATRICIA SANTAMARINA, CARLOS SOBERA.