Teatro

A FILLA DE WOODY ALLEN, ibuprofeno teatro

O punto de partida de ‘A filla de Woody Allen’ é o inicio dunha viaxe da protagonista na procura do seu pai, do cal só sabe que vive en Nova York e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova York é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.

DOSSIER

Prezo: ANTES 04/06/2016: 3 € (VR) / 6 €. A PARTIR DE 05/06/2016: 5 € (VR) / 8 €
Duración: 70 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +13

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 11 de Xuño de 2016 | 21:00

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: MARIÁN BAÑOBRE. DIRECCIÓN E TEXTOS: SANTIAGO CORTEGOSO. COREOGRAFÍA: CARMELA BUENO. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: SALVADOR DEL RÍO. DESEÑO GRÁFICO E FOTOGRAFÍA: DIEGO SEIXO. ASESORÍA MUSICAL: ANXO GRAÑA. DESEÑO DE VESTIARIO: MARIÁN BAÑOBRE. REALIZACIÓN DE VESTIARIO: RAQUEL MARTÍNEZ.