Música

Amazing Grace. A gospel celebration to Aretha Franklin by The Black Heritage Choir

NADAL NO COLÓN

 

Unha produción de Grandes do Góspel protagonizada por The Black Heritage Choir, unha selección de cantantes da coral máis lendaria do góspel tradicional, The Mississippi Mass Choir, que traen de novo a Europa as boas vibracións da música que todos esperamos polo Nadal.

Amazing Grace é o disco máis vendido de Aretha Franklin e da historia do góspel, no 50 aniversario dunha das gravacións que máis influíron nos estándares de interpretación da música afroamericana.

Aretha Franklin é a indiscutible Raíña do Soul e Raíña do Góspel, unha lenda americana da música popular, e Amazing Grace é un dos discos máis belos da música popular do século XX, un canto de nostalxia polos bos vellos tempos e unha emotiva reivindicación das mulleres e os homes que fixeron posible desde as igrexas negras dos Estados Unidos a cultura do góspel.