Comedia

AMIGOS ATA A MORTE, con Xosé A. Touriñán, Ledicia Sola e David Amor

AMIGOS estreouse en xaneiro de 2009 en Madrid, protagonizada por Jorge Sanz, Melanie Olivares e Javier Veiga. Dende entón, centos de representacións avalan unha obra pola que tamén pasaron actores da talla de Marta Hazas ou Fele Martínez (2011).

No 2012 foi traducida ao euskera baixo o título de Hil Arte Bizi, e percorreu Euskadi con máis de 50 representacións, Puerto Rico ou México estrearon tamén versión desta comedia de Javier Veiga que na primavera de 2015 chegaría a Cataluña, para rematar o ano coa estrea en Galicia da man dos populares actores Xosé A. Touriñán, David Amor e Ledicia Sola.

Prezo: ANTICIPADA: 10 € (VR) / 14 € / 18 €. DÍA FUNCIÓN: 10 € (VR) / 16 € / 20 €
Duración: 90 minutos
Idioma: GAL
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 19 de Marzo de 2016 | 20:00
  • Sábado, 19 de Marzo de 2016 | 22:30

SINOPSE

‘Amigos’ é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que todos queremos para as nosas vidas, pero que como é ben sabido, se se mesturan moitas veces estoupan …

Nacho, Ángel e María, dous homes, unha muller … e claro, polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou ao mellor non. Un xiro inesperado deixará patas arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutro xeito a súa amizade.

Que farías se a túa parella decidirá deixarte? E se marcharse co teu mellor amigo? Perdonaríalos aos dous? A ningún? Só a un dos dous? É mellor mentir á persoa que máis queres para evitar que o pase mal? É mellor sempre a verdade que a mentira? Unha ‘verdade a medias’ é unha mentira de dúas persoas? Poderías perdoar calquera cousa por amor? E por amizade? Que é máis forte: o amor ou o rancor? Que farías polo teu mellor amigo? E chegado o caso … Que lle farías ao teu mellor amigo?