ESCOLARES -Teatro

Animais de compañía – Funcións Escolares

Teatro do Noroeste

Prezo: Gratuíto, é necesario reservar



DATAS E HORARIOS

  • Martes, 7 de Novembro de 2017 | 11:00
  • Mércores, 8 de Novembro de 2017 | 11:00
  • Xoves, 9 de Novembro de 2017 | 11:00
  • Venres, 10 de Novembro de 2017 | 11:00

SINOPSE

Unha comedia musical con dúas personaxes: unha cadela e unha gata. Con evidentes diferenzas pero convivindo nun mesmo espazo e nun mesmo tempo, aprendendo a respectárense. Como nas fábulas clásicas, os dous animais toman características humanas para construír un proceso de aprendizaxe e toma de valores éticos. Neste caso os animais son dous: unha vella cadela e unha gata nova. Tratando en clave de comedia unha situación cotiá nunha casa dunha moza nova amante dos animais, estabelece un paralelismo entre o que lle acontece ás súas mascotas e o que acontece na sociedade actual.

FICHA ARTÍSTICA

Animais de compañía de Eduardo Alonso. ACTRICES: Manuela Varela e Inma António.