Maxia

ANTHONY BLAKE, +ALLÁ DE LA IMAGINACIÓN

Nunca dous espectadores responden igual, Blake ten que adaptarse, o ritmo márcao o espectador, o deseño do espectáculo tamén, a resolución está só en mans de Blake. Non lle deas máis voltas, el vai a sabelo, non te poñas nervioso, vai a notalo, sal ao escenario, vai a sorprenderte. E ao final de todo, cando esteas na rúa, seguirá resoando nos teus ouvidos a frase: ‘Y recuerden todo lo que han visto ha sido producto de su imaginación, no le den más vueltas, no tiene sentido’.

Prezo: 15 € (VR) / 18 €
Duración: 90 minutos

Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 17 de Xullo de 2015 | 21:00
  • Sábado, 18 de Xullo de 2015 | 21:00

SINOPSE

Unha cámara negra, unha mesa, un tallo, unha luz discreta, intimista, misteriosa, unha música suxerinte e ás veces desacougante e unha voz envolvente que te arrastra ás retortas dos teus pensamentos. Blake non lee a mente, lee, interpreta e manipula os teus pensamentos, e todo isto a moi curta distancia.