Circo

Arnoia Arnoia: O Circo da Casa Pequena

Recomendado para maiores de 16 anos

Pistacatro Productora de Soños en coprodución co CDG.

Un espectáculo de teatro-circo que dirixirá Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario do autor.

Pistacatro prepárase, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), para o que será o seu novo proxecto Arnoia Arnoia: o Circo da Casa Pequena.

Sinopse: O Circo da Casa Pequena presenta a historia de Nmonadah, adolescente que con 16 anos perde os seres queridos nunha guerra. Os sanguinarios Veciños asasinan á Nai Loretta.

Vese só para iniciar um camiño asexado por perigos que adquiren as formas luminosas e inquietantes dos artistas de circo: acrobatas, malabaristas excéntricos, escapistas, fakires, aeristas e clowns.

Nmonadah debe superar as nove probas que o devolvan á sua casa pequena, terá que fuxir dos Veciños, e enfrontarse as adivinhas dos gigantes leberkholm, o cabaleiro da floresta, as damas adormecidas, o labirinto dos Grou, no mundo subterráneo, as caravanas dos homes sem nome, e os piratas do Calpurnia Abana.

Unha aventura na que non terá mais axuda que o amuleto Libredón e un castrón: Mestre Lionel.

Un circo na que os artistas en arriscadisimos xogos, poñen en perigo a sua propia memoria e identidade.

Unha lona de circo que é metáfora do mundo, coma sempre.

Unha conversa entre o mundo múltiple do imaxinario de Ferrín e o prodixioso mundo do circo de Pistacatro Fábrica de Soños, e o rol diplomático de Quico Cadaval, ordeando o tráfico.

Prezo: Principal (fila 1): 6€ / Principal: 8€ / Palcos laterais: 10€ / Palco central e platea: 14€


Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 25 de Novembro de 2018 | 12:00
  • Domingo, 25 de Novembro de 2018 | 19:00