Cine

As mellores películas da historia | O piano

CINEMA EXPERIENCE

 

NÚMERO 50 na lista das 100 mellores películas.

A viaxe dunha muller e a súa filla ás agrestes terras de Nova Zelandia é narrada por Jane Campion cun poderoso pulso poético e unhas imaxes cheas de sensualidade que lle valeron a Palma de Ouro no Festival de Cannes, sendo a primeira muller cineasta en alzarse o galardón máis importante do cinema.

Invitada: Jaione Camborda, cineasta que acaba de facer historia no festival de San Sebastián ao alzarse coa Cuncha de Ouro coa súa segunda película, O Corno, unha película de clandestinidade e sororidade falada en galego. Camborda é a primeira cineasta española en facerse co galardón.