Musical

Avanoa. O musical

Canavar e Masina, fundadores dunha inmensa empresa dixital, son aparentemente felices na súa vida de éxito. En realidade, afrontan a madurez con pasividade e decepción, sen a forza e os ideais que lles moveron na súa mocidade. Masina é consciente diso e loitará para que Canavar, ao que aínda ama, salga dese estado.

O que provocou e aproveitou esta situación é o seu ambicioso e falso amigo Ratsy, ao mando da empresa e partidario do uso agresivo da tecnoloxía máis deshumanizadora.

A aparición do mozo Kai provocará situacións extraordinarias que farán cambiar para sempre as súas vidas.

Ambición, poder, traizón, amor e futuro para entreter, sorprender, emocionar e reflexionar. Podemos defender a liberdade e a dignidade na era meta-dixital?

A clave é… Avanoa

Coa colaboración de Escola Galega de Teatro Musical, Rockschool Coruña, Danza10Studio e Drum & Roll Studios, con sede na Coruña.