Música

Banda Municipal de Música de A Coruña: En Petit Comité

Volvemos a abrir as nosas portas ao público da man dunha das formacións enseña da nosa cidade, a Banda Municipal de Música de A Coruña, que actuará baixo a batuta de José Trigueros.

A reapertura realizarase con estrictas medidas de seguridade, polo que o aforo reducirase e para acceder será preciso retirar invitacións previamente a través de Eventbrite.

Benvidos!

Prezo: GRATIS, previa retirada de invitacións.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 21 de Xuño de 2020 | 12:30

SINOPSE

PROGRAMA Petit symphonie pour vents, Charles Gounod. La Peri, Dukas Divertimento, Karel Husa Fanfarria para el hombre común, Copland Fanfarria castellana, Eric Ewazen.