Música

Banda Municipal de Música – Tocando Emocións

ESPAZO DA BIODIVERSIDADE

 

A Banda Municipal ten como principal fin emocionar as e os oíntes a través dos sons que se encontran codificados nas partituras. A emoción debe partir en primeira instancia dos que temos a capacidade para interpretarmos esta fermosa linguaxe que é a música. Por iso hai ocasións en que a palabra emoción cobra unha maior sonoridade, cando o obxectivo da música parte dunha causa nobre, como vai ser o caso do concerto que ofreceremos o 11 de abril no Teatro Colón. Tratarase dun concerto en que a palabra emoción soará coa maior das intensidades e co maior dos agarimos.

Diferentes seccións da Banda Municipal serán as protagonistas para crear diferentes ambientes e emocións neste concerto único que realizaremos o 11 de abril no Teatro Colón. Cada unha destas seccións actuará como solista, con diferentes obras que de seguro farán as delicias das persoas asistentes. Pero este será un concerto onde se encadearán as sorpresas até chegar ao broche de ouro final, que de certo emocionará a todas e todos os presentes que nos acompañen neste concerto que non van esquecer.

Non nos queda máis que convidalas/os a este concerto co único obxectivo de que se emocionen canda nós. Agardámolos o vindeiro día 11 de abril no Teatro Colón.

Prezo: De balde ata completar aforo



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 11 de Abril de 2019 | 20:30