Teatro

BICOS CON LINGUA, Talía Teatro

PREMIO MARÍA CASARES MELLOR TEXTO ORIXINAL E MELLOR ACTOR PROTAGONISTA (ARTUR TRILLO)

“… teatralmente é unha aposta limpa, sinxela, atractiva, con moito traballo actoral por parte dos intérpretes. Un traballo moi ben resolto. Mesmo temos a sensación de que os actores o pasan ben actuando (…) Hai moito dinamismo, e aos espectadores o tempo da obra pásanos voando. Desfrutamos tanto que non queremos que a obra acabe”. L. Gómez (El Correo Gallego)

Un espléndido diálogo, tecido arredor da lingua, é o eixo central desta excelente peza dramática (…) a demostración palpable de que é certo que se pode facer, que se fai teatro, bo teatro nestes nosos lares. Había tempo que quen lles escribe non disfrutaba tanto vendo unha representación escénica na nosa lingua” A. Conde (El Correo Gallego)

A novidade de ‘Bicos con Lingua’ é facer humor con esas cousas que habitualmente aparecen nos informes (dramáticos) sobre a perda de falantes en galego ou sobre algunhas esquizofrenias en relación co castelán. Cun estupendo sentido do humor, a máis recente montaxe de Talía, compón un rompecabezas de situación que van do completamente posible ata a proxección dun futuro que os optimistas damos por fantástico” C. Franco (La Voz de Galicia)

DOSSIER

Prezo: ANTES 03/04/2016: 3 € (VR) / 6 €. A PARTIR DE 04/04/2016: 5 € (VR) / 8 €
Duración: 55 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +13

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 10 de Abril de 2016 | 20:00

SINOPSE

Bicos con Lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente preocupante. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que medra na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.



FICHA ARTÍSTICA

AUTORES: AVELINO GONZÁLEZ, CÁNDIDO PAZÓ, XAVIER LAMA, SUSO DE TORO, ANA IGLESIAS, NÚÑEZ SINGALA, MARTA ECHEVARRÍA. DIRECCIÓN: AVELINO GONZÁLEZ. ELENCO: TOÑO CASAIS, ARTUR TRILLO.