Música

Caamaño & Ameixeiras | Quitar o aire

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA: RESIDENCIAS MARIÑÁN

 

Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman Caamaño & Ameixeiras, un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Presentan o seu novo disco, Quitar o aire, inspirado na ritoloxía popular galega. Un universo fascinante onde realidade, maxia e relixión conflúen para procurar respostas, para sandar e para celebrar a vida. Un mundo que sitúa no centro á tribo, á comunidade, entendida como unha rede de axuda para salvarse as unhas ás outras. A conceptualización deste novo traballo foi levada a cabo nas Residencias Artísticas Mariñán Música 2022.