CONEXIÓNS -Danza

Café da estación

Conservatorio Profesional de Danza da Coruña.

Representación didáctica. O noso percorrido comeza diante da estación de tren como símbolo das grandes xiras que facían as compañías de danza, amosando personaxes que podían atoparse na rúa ou cerca dunha estación. Despois poderemos ver como toma vida “O café da Estación” coas distintas danzas que representan a alegría parisina. Parte deste espectáculo está inspirado en “Gaîté Parisienne”, sendo esta unha das obras máis representativas do coreógrafo Leonide Massine.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 20 de Decembro de 2017 | 12:00
  • Mércores, 20 de Decembro de 2017 | 20:30