Concerto

CAFÉ QUIJANO – TOUR 2018

Cando se cumpren 20 anos desde o seu debut discográfico, Café Quijano regresan aos grandes escenarios con todo o seu potencial eléctrico e acústico. Nesta xira, os irmáns Quijano fan xustiza a todos os grandes momentos da súa carreira incluíndo tanto o pasado como o presente. Desta maneira, Café Quijano ofrecen un repertorio no que non faltan nin as cancións emblemáticas coas que triunfaron en todo o mercado latinoamericano nin tampouco os arrebatadores boleros acústicos aos que lles dedicaron a súa triloxía iniciada en 2012. E por suposto, tampouco faltan neste show as súas novas creacións. Porque se algo está claro é que Café Quijano manteñen intacta a súa capacidade creativa e non pararon de compoñer novas cancións, novos temas que verán a luz nun próximo disco.
Prezo: Golden Ticket: 35€ / Platea e palcos: 30€ / Principal: 25€ / Palcos VR (11 e 12): 25€



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 8 de Abril de 2018 | 20:30