Infantil
EVENTO INFANTIL INFANTIL

CAPERUCITA ROJA

Había unha vez unha nena moi bonita. A súa nai fixéralle unha capa vermella e a rapaciña levávaa tan de cotío que todo o mundo a chamaba Carapuchiña Vermella. Un día a súa nai pediulle que lle levase uns doces á súa avoa, que vivía do outro lado do bosque, recomendándolle que non se entretivera polo camiño, pois cruzar o bosque era moi perigoso, xa que sempre anda por alí o lobo…

Nesta coidada produción preséntase o traballo musical levado a cabo minuciosamente por un novo compositor uruguaio, Carlos Aznarez, quen acerta a transportarnos á historia da moza Carapuchiña nun mar de notas salpicadas da maxia que ofrece a coñecida historia. Por outro lado, o texto foi adaptado e dirixido para a ocasión por Miguel Ribagorda, quen tivo en conta por un lado a versión de CarapuchiñaVermella de Charles Perrault, escritor francés autor tamén de O Gato con Botas e Pulgarciño, e por último a súa visión e adaptación para o público teatral e familiar.

Unha versión divertida e pedagóxica coa que gozar dunha nova Carapuchiña para toda a familia.

Prezo: Antes de 01.01.2017: 10 €/8 € (V.R). A partir de 02.01.2017: 12 € /10 € (V.R.)
Duración: 60 Minutos
Idioma: CAST.
Calificación: +3

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 7 de Xaneiro de 2017 | 18:00