Música

Carlos Núñez en concerto

Ciclo Nadal no Colón

Carlos Núñez volve a A Coruña na xira de presentación de A irmandade dos celtas.

Carlos regresa a casa este ano nunha xira única dende mediados de novembro ata principios de abril pasando polos principais escenarios do país.

Esta xira vai estar baseada no primeiro libro escrito por Carlos, La Hermandad de los Celtas, que se presentou o 25 de setembro coas dúas primeiras edicións xa esgotadas só en preventas. Un libro no que nos conta a súa visión do celta como unha utopía milenaria que, dende hai séculos, creou un imaxinario universal que hoxe segue sendo unha inesgotable fonte de inspiración artística.

O libro analiza a música celta dende múltiples perspectivas: histórica, musicolóxica, cultural, etc., e aborda aspectos moi diversos: a súa relación con outras músicas e estilos, as súas formas, os instrumentos característicos da súa interpretación, o seu ámbito territorial de expansión e influencia, etc.

Ao tempo, narra numerosas experiencias persoais relacionadas coa súa actividade como intérprete da devandita materia e cos seus contactos con gran número de expertos no tema dende distintas disciplinas: músicos, historiadores, antropólogos, cronistas, etc.

Co espírito pedagóxico -pero sen perder un ápice do sentido do espectáculo-, o que nos ten acostumados, Carlos desgranará estos sorprendentes descubrimentos a través de novas músicas.

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo…

Pero ademais é un Artista con maiúsculas. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo con creces os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.

Con máis de 1.000.000 de discos vendidos, a Carlos Núñez son moitos os premios e nominacións que o avalan: Un Grammy polo disco gravado cos seus mestres The Chieftains; dous nomeamentos os Grammys Latinos; Premio Ondas o mellor directo e o Premio da Crítica Alemana, Preis der Deutschen Schallplattenkritik. Nos seus discos participaron Luz Casal, The Waterboys, Jackson Browne, Ry Cooder e Roger Hodgson de Supertramp e compartiu escenario con primerísimas figuras como Bob Dylan, Sinéad O’Connor e The Who.

Prezo: Principal (fila 1): 17€ / Principal: 19€ / Palcos laterais: 23€ / Palco central e platea: 25€



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 22 de Decembro de 2018 | 20:30