Música

Carmen Boza

FESTIVAL ELAS SON ARTISTAS

 

A IV Edición do Ciclo Metropolitano pola igualdade na música e nas artes Elas Son Artistas regresa o venres 4 de xuño ao Teatro Colón. Nesta ocasión a protagonista é a andaluza Carmen Boza. Guitarrista, compositora, produtora e cantante. En Coruña e en toda Galicia xa dispón dunha sólida cantidade de fans que viron a súa evolución con concertos en salas como Mardi Gras.

A carreira musical de gaditana comeza aos 15 anos e a súa experiencia de anos desemboca no torrente de influencias que se poden apreciar nas súas cancións. Está considerada como unha das propostas femininas españolas máis interesantes e con máis proxección dos últimos anos.

Carmen comezou a sua carreira musical subindo vídeos a YouTube en 2011, onde pouco a pouco foi consolidando unha gran base de público que a día de hoxe segue os seus pasos alá por onde actúa.

En 2014, recaudou o 120% do requerido en tan só oito horas de campaña de ‘crowdfunding’. Con ese respaldo publica La Mansión de los Espejos, 11 cancións distribuidas ao longo do disco de xeito premeditado e eficaz.

En 2018, Carmen Boza toma o mando da produción e arranxos para La Caja Negra, o seu segundo traballo de estudio. Un álbum copado de riffs de guitarra e melodías que dan soporte a textos oscuros e introspectivos, onde o ointe atento será testemuña do tránsito da artista millenial ante as complexidades da vida moderna.

E en 2019 lanza o fabuloso single Un golpe de suerte, gravado, producido e mesturado por ela mesma na súa habitación, sen filtros. A artista coquetea co mundo do sampleo. En xullo de 2020 edita La Grieta e en marzo de 2021 chega o seu último single ata hoxe: Suave.

Todo un luxo esta actuación do IV Elas Son Artistas na que estará acompañada por Estefanía Gómez no baixo eléctrico e por Daniel Ballesteros na batería.

Prezo: 10,13€ | 10,81€ | 10,91€ | 11,64€ | 13,25€ | 13,51€ | 14,13€ | 14,55€ | 17,66€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 4 de Xuño de 2021 | 20:30