Familiar

Circo no Ato (Brasil) presenta A Salto Alto

EN FAMILIA

 

“A Salto Alto – Entre xentilezas e exterminios” conta a historia de sete persoas sen nada no peto mais co corpo cheo de capas de liberdade, represión, valores, colonización e transgresión que, ao teren acceso a unha outra maneira de vivir, se ispen das súas experiencias para vestiren esoutra realidade. Pero, como a capa máis profunda de si mesmo sempre permanece, o que é visto en escena é un mergullo dos personaxes nun ambiente de luxo e ostentación, do cal nitidamente non forman parte. O espectáculo desenvólvese a partir desa tensión, entre un ambiente formal e refinado e personaxes que cargan na súa esencia a irreverencia de quen ten que reinventar e resignificar a vida a cada instante.
A Salto Alto profana a fábula clásica da Cinderela e aproxímase á estrutura da crónica argumentativa. Ten como crítica principal a vaidade e o consumismo desenfreado da nosa sociedade. Os arquetipos da fábula, tales como a fada madriña, a madrasta, as irmás envexosas, o príncipe, a Cinderela, así como o gran baile, as badaladas da medianoite e o zapato de cristal son elementos que atravesan os personaxes e todo o espazo escénico e que compoñen a crítica social do espectáculo.