Cine

Colón Noir: O carteiro sempre chama dúas veces

CINEMA EXPERIENCE: COLÓN NOIR

 

O Teatro Colón vístese de etiqueta negra para inaugurar COLÓN NOIR, un ciclo de cinema en 35mm e en versión orixinal subtitulada, onde o crime, os detectives e as “femme fatais” serán os grandes protagonistas. Unha coidada selección de películas que irán acompañadas por coloquios con varias das figuras máis relevantes da novela negra de orixe galega.

Colón Noir abrirá fogo o xoves 31 de marzo coa proxección de Fargo, dos irmáns Coen, seguida dun coloquio coa escritora Nieves Abarca. O xoves 21 de abril será a quenda para O carteiro sempre chama dúas veces, de Bob Rafelson, e contaremos coa presenza do escritor Diego Ameixeiras. E como colofón, o xoves 9 de xuño, A pleno sol de René Clement será a película elixida, e Domigo Villar o escritor que nos acompañará no coloquio que pechará o ciclo.

Prezo: 3€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 21 de Abril de 2022 | 20:00

SINOPSE

Na época da gran depresión, un forasteiro chega a un restaurante de estrada rexentado por unha muller nova casada cun home moito maior. A atracción entre a muller e o estraño é inmediata e a sombra do crime empeza a invadir os seus pensamentos.