Música

Concerto de Reis: Orquestra de Nenos, Nenos Cantores e Coro Novo da OSG

Ciclo Nadal no Colón

CORO NOVO DA SINFÓNICA DE GALICIA
The crown of roses – P. I. Tchaikovsky
With Drooping Wings – H. Purcell
Ave verum – W. A. Mozart
Bad romance – Lady Gaga (Arr. Daniel G. Artés)
Mister Blue Sky – Electric Light Orchestra (Arr. Daniel G. Artés)

Director: Daniel G. Artés

ORQUESTRA DE NENOS DA SINFÓNICA DE GALICIA
Grupo de mayores
Obertura de Dido y Eneas – H. Purcell
Pequeña serenata nocturna -W.A. Mozart
-Allegro
Suite de Piraras del Caribe – K. Badelt

Director: Jorge Montes

NENOS CANTORES DA SINFÓNICA DE GALICIA
A Ceremony of Carols, Op. 28 – B. Britten
-Procession
-Wolcum Yole!
-Balulalow
-As dew in aprille
-This Little Babe

Piano: Isabel Romero
Director: José Luis Vázquez

ORQUESTRA DE NENOS DA SINFÓNICA DE GALICIA
Grupo de pequeños
Aire (de la suite “Abdelazer”) – H.Purcell
Menuet – J.B.Lully
Rondeau (de “La Reina de las Hadas”) – H.Purcell
Minuet and Trio – W. A. Mozart
VARIATIONS on Early One Morning – Sheila M. Nelson

Director: Enrique Iglesias

Formada por 83 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, a Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG) achega os cimentos da formación grupal necesarios para a práctica da música en orquestra sinfónica. Baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Igrexas Precedo, a ONSG ofreceu o seu primeiro concerto público na Coruña en abril de 2011. Na presente tempada de concertos, a agrupación musical infantil —dependente do proxecto educativo da OSG e da súa Orquestra Nova— volveuse a presentar en concerto cun ambicioso programa con obras de grandes autores como Johann Sebastian Bach e Gustav Holst xunto con Georg Bohm e Sheila Nelson, que se incorporan así a un repertorio que xa inclúe música de Henry Purcell e Georg Friedrich Haendel.

Os Nenos Cantores da OSG fixeron a súa presentación musical a comezos do año 2000, interpretando a Sinfonía nº 3 de Gustav Mahler ao lado da Orquestra Sinfónica de Galicia e baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, o seu director musical.

Desde aquela actuaron en varias ocasións coa OSG, interpretando obras de Mahler (cabe salientar, sobre todo, a súa exitosa participación na Oitava Sinfonía de Gustav Mahler na temporada 04/05), Carl Orff, Dmitri Xostacovich, Gabriel Fauré, etc., e colaborando, entre outros, con Amancio Prada e Emilio Aragón. Os Nenos Cantores tamén ofreceron concertos a capella na Coruña e en diversas localidades da comunidade galega, así como no Auditorio de León.

O Coro, formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 años e dirixido desde a súa creación por José Luis Vázquez, nace coa intención de constituír un verdadeiro centro de canto coral, para a formación de novas voces. Posteriormente, poderán formar parte do Coro Novo e mais do Coro da OSG.

O Coro Novo da OSG, que se presentou en público en xuño de 2005 na Coruña, supón a posta en marcha do último dos proxectos do proxecto orquestral e coral galego, tras a consolidación do Coro e dos Nenos Cantores da OSG. Desde entón participou en varios proxectos coa Orquestra Sinfónica de Galicia entre os que destaca a súa presenza na balada dos heroes de Britten, A execución de Stepan Ranzi de Shostakóvich e a máis recente de Carmina Burana no 15 aniversario da OSG, así como en decembro de 2007 formou parte xunto co Coro da OSG, do Mesías participativo da Caixa, na Catedral de Santiago de Compostela. Ademais de colaborar nos concertos co Coro e a Orquestra Sinfónica de Galicia, ofrece con regularidade concertos a capella en diferentes localidades da comunidade galega.
Obtén o 2º Premio no Concurso Fira de Tots Sants de Cocentaina no seu XXVII edición (2007), así como o Premio do Público e Segundo Premio do Concurso Nacional de Corais Antonio José, en Burgos, en outubro de 2008.

O Coro Novo, formado por 35 mozos de entre 13 e 21 anos, representa a ponte coral entre o Coro de Nenos e o Coro de adultos da OSG. Desde abril de 2010, está dirixido por Daniel García Artés.

Prezo: Gratis, con invitación.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 4 de Xaneiro de 2019 | 19:00