Concerto

Concerto Lisboa

Gonçalo Guerreiro

O Concerto Lisboa celebra a revolución dos cravos de 25 de abril de 1974. Gonçalo Guerreiro, acompañado por un conxunto de excelentes músicos coruñeses, presenta un repertorio de temas en portugués a partir de poemas de Fernando Pessoa: “Estas cancións xorden das sensacións e pensamentos que foron nacendo en min ao longo dos anos que levo vivindo en Galicia. Existen para que eu poida atopar memorias da cidade onde nacín, Lisboa, no lugar onde agora vivo.”

Son cantigas enraizadas na música lusófona que buscan unha sonoridade universal.

Paralelamente ao seu traballo musical, Gonçalo Guerreiro é actor e director da compañía Elefante Elegante. No espectáculo ao vivo usa os seus recursos escénicos para establecer co público unha relación de complicidade. Neste caso, levaranos de viaxe desde a formación do reino de Portugal até a Revolución de Abril. O espectador mergúllase nun universo rítmico e melódico que viaxa do humor á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop ao jazz, pasando sempre polo Fado.

Prezo: Palcos laterais e VL: 4 € / Principal e Palcos centrais: 8 € / Platea: 10 €



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 25 de Abril de 2018 | 20:30