Concerto

Concerto Solidario de DOA. 30 aniversario AI

30 ANIVERSARIO AMNISTÍA INTERNACIONAL CORUÑA

Amnistía Internacional Coruña organiza un concerto de carácter solidario con motivo do 30 aniversario do grupo local e 40 de AI España. De maneira altruísta, o grupo de folk DOA ofrece un concerto cunha entrada-donativo que terá unha duración aproximada de 120 minutos, nos que se realizará unha pequena introdución do labor de Amnistía Internacional e a presentación do grupo. Deste modo, o evento pretende, ademais de recadar fondos, dar a coñecer a actividade que realiza Amnistía Internacional no ámbito tanto local como nacional e internacional.

Prezo: 5 €



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 18 de Febreiro de 2018 | 19:00

FICHA ARTÍSTICA

Susana Lorenzo (voz e harmonium),  Gertraud Brilmayer (violín e voz), Xoán Piñón  (guitarra acústica e eléctrica), Bernardo Martínez (percusión), colaborarán de maneira altruísta con Amnistía Internacionalnun concerto no que contarán con Fran Castro (teclados) como artista convidado.