Música

Coral Polifónica Follas Novas

ESPAZO DA BIODIVERSIDADE

 

A Coral Polifónica Follas Novas celebrará o Cuarto Festival de Outono, concerto que na súa primeira parte a adicaremos a obras compostas por prestixiosos compositores da nosa terra (Groba, Manuel Fernández Amor, Pérez Bernal, etc…). E na segunda parte interpretaremos un divertido repertorio de polifonía xeral.

Ademais, no descanso contamos coa colaboración excepcional da virtuosa violinista Maryam Poghosian Mirzoyan, que interpretará dúas obras do seu repertorio.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 24 de Outubro de 2021 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

(Español)
  • Fernando V. Arias, director.
  • Anna Mirzoyan, piano.