Música

Coral Polifónica do Sporting Club Casino, Coral Polifónica Follas Novas e Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Maniobra

OS CONCERTOS DO CENTENARIO

 

Os días 6, 7 e 8 de novembro de 2024 terán lugar, no Teatro Colón da Coruña, ás 20.00 h, tres concertos para conmemorar o 175 aniversario da fundación da Real Academia Galega de Belas Artes. Participarán as corais e orquestras decanas da cidade da Coruña: Cántigas da Terra, Coral Polifónica El Eco, Coral Polifónica Follas Novas, Coral Polifónica Sporting Club Casino, Banda Militar (Unidad de Música del Cuartel General del Mando de Apoyo a la Maniobra), a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música e a Banda Municipal de Música.

Os concertos estarán integrados exclusivamente por música de compositores galegos, históricos e actuais. Máis de 30 autores, entre os que destacan os compositores que foron académicos da Sección de Música da Real Academia Galega de Belas Artes. Con estes concertos quérese lembrar o que se levou a cabo fai xustamente 75 anos, en 1949, no Teatro Rosalía de Castro, cando se celebrou o centenario da fundación da Real Academia. Tamén entón participaron as agrupacións instrumentais e vocais de máis relevo da nosa cidade, incluíndo música de compositores membros da Academia.

CORAL POLIFÓNICA DO SPORTING CLUB CASINO

Piano: Margarita Viso | Director: Juan Berná Pérez

• Alberto Garaizábal: Virgen sin mancha [letra de R. del Valle] • José Baldomir: Santos e Meigas, Nº 3 Procesión; Nº 5 Alalá [letra de Linares
Rivas] • Margarita Viso: Levantous’a velida [letra de Don Dinís] • Juan Berná: Has de cantar [letra de Rosalía de Castro]

CORAL POLIFÓNICA FOLLAS NOVAS

Piano: Anna Mirzoyan Director: Fernando Vázquez Arias

• Mauricio Farto: La Espadela, Alborada [letra de Leandro Carré] • Manuel Fernández Amor: Alalá de Muxía
• Pascual Veiga: La escala [letra de C. Fernández] • Fernando V. Arias: Torre de Hércules

UNIDADE DE MÚSICA DO CUARTEL XERAL DO MANDO DE APOIO Á MANIOBRA

Director: Comandante Iván Rodríguez Armán

• Ricardo Morales: Himno al Príncipe de Asturias
• Gustavo Freire: Airiños aires
• Hernán Naval: Lonxe do mar
• Bernardo del Río: A lenda de Montelongo [Suite] • Enrique García Rey: Churrusqueira

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 7 de Novembro de 2024 | 20:00