Performance participativa

CORUFEST | Miss beige: Secretos de alcoba

DE FESTIVAIS: CORUFEST 2022

 

O espectador terá unha invitación para coñecer a Miss Beige e deitarse con ela compartindo así secretos de alcoba.

“O mirón”, que debe entrar en solitario, dúos ou tríos, convértese en protagonista, tendo que interpretar a insinuación. A vulnerabilidade do artista fronte á vulnerabilidade do espectador. Pero quen mira a quen? Miss Beige, en Segredos de alcoba, non nos instrúe, non nos pide, de maneira implícita ou explícita, que sexamos obedientes. Déixanos libres e aí, quizais, é onde radica a vertixe fascinante desta performance.

Dependerá do espectador o lonxe que queira ir cando senta provocado. Os límites ponos o espectador e as reflexións tamén pero xa é hora de poñer ao público, se así o desexa, nunha situación que non saiba controlar. O mirón tamén terá que xogar e arriscar.

Hai moitas maneiras de xogar e ser xogado e Miss Beige coa súa presenza coloca ao espectador nunha posición de sorpresa sen escapatoria.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 27 de Maio de 2022 | 20:30