Cine

De Carballo a Carvalho

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Tras anos de reivindicacións desde diferentes ámbitos, Ricardo Carvalho Calero é o homenaxeado do Día das Letras Galegas de 2020, coincidindo cos 110 anos do seu nacimento e os 30 do seu falecimento.

Un sorprendente percorrido biográfico pela vida e obra deste profesor, investigador, escritor e intelectual, no que usamos todas as posibilidades expresivas deste formato audiovisual com materiais como testemuños, entrevistas, conversas, lecturas e outras achegas artísticas, músicas e materiais de arquivo.

Neste documental teñen unha importancia esencial os seus espazos vitais, a súa vida e obra, mais tamén as lecturas de
fragmentos da obra de Ricardo Carvalho Calero, que tanto persoeiros coñecidos como alumnado dos centros educativos e persoas de diferentes idades, xéneros, orixes e perfís sociodemográficos van ler, divulgando a súa obra coa participación colaborativa neste audiovisual realizado por Aser Álvarez para a Associaçom Galega da Língua (AGAL) con fins pedagóxicos. Subvencionado pola Deputación de Coruña, conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Prezo: De balde con convite.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 12 de Novembro de 2020 | 20:00