Teatro

DE LERIA CON CASTELAO [III Mostra de Teatro Afeccionado]

CO APOIO DE

AGADICcormarca-cor

Un ano máis volve ao Teatro Colón a Mostra de Teatro Afeccionado, unha iniciativa coa que queremos apoiar o teatro non profesional e servir como plataforma de difusión para dar a coñecer o traballo destes grupos, que son parte fundamental do sector escénico.

Prezo: 8 € / 6 € (VR)
Duración: 70 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Martes, 28 de Outubro de 2014 | 20:30

SINOPSE

E se puidésemos pasar unha hora de leria con Castelao mentres está a escribir unhas supostas memorias da súa vida? Qué nos contaría? Nesta viaxe da man do célebre autor descubriremos a súa obra dentro da súa vida: do Castelao neno na Pampa arxentina, ao mozo que se achegaba ao teatro e a caricatura na universidade, do abandono da medicina ás inquedanzas que lle producía o estado no que se atopaba a Galiza na que viviu, reflectida na súa obra gráfica e literaria, do desterro a Badajoz primeiro e a Arxentina despois ata o último Castelao. autor de teatro con Os vellos non deben de namorarse. Ao longo de pouco menos dunha hora, Castelao cóntanos a súa vida a través dos seus textos, cadros e debuxos; alternando o relato con fragmentos destacados da súa obra. Desde o Castelao político, que defende e loita polo Estatuto de Autonomía, ata o Castelao máis sentimental que retrata a crueza da realidade na que se atopa Galiza; desde o famoso discurso nas Cortes da II República ata un fragmento da súa única obra de teatro, pasando por toda a súa obra: Nós, Retrincos, Os dous de sempre, Sempre en Galiza …



FICHA ARTÍSTICA

INTÉRPRETES. Antonio Martínez Rial, Jorge López Díaz