Música

De Vacas – Tour Vacanal 2019

ESTREA

 

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Desfrutan enriba do escenario para que vós desfrutedes. Mestura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. Cantan en tódolos idiomas do mundo pero aman aos nosos poetas por riba de todo, como Enrique Igrexas. Rescatan retrousos esquecidos, tarareos que foran populares nas voces de Cristina Aguieira ou Mónica da Laranxeira.

O clímax alcanzárono co videoclip do Amodiño, que ten máis de 500.000 reproduccións e estase a converter nun himno de masas. Pecharon o telediario de Tele5 con el, e ata Paula Vázquez traduciu a súa letra do galego ao castelán na Cadena Ser, para que todo o mundo puidera entendela.

Son catro vacas que rin e cantan. Puro deleite musical. Ven pacer con elas!