Performance audiovisual

Death Whistle

DE FESTIVAIS: INTERSECCIÓN. FESTIVAL DE ARTE AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEA

 

Víctor García é un deseñador sonoro, explorador e compositor de longo recorrido cuxos pasos foron mutando ao longo dos anos ata cristalizar no seu proxecto máis persoal ata a data: a contundente electrónica de Death Whistle. A súa carreira compositiva centrouse na última década na creación de bandas sonoras, tanto para videoxogos como para celebrados traballos fílmicos como Decorado, Psiconautas, los niños olvidados ou Sangre de Unicornio, pezas con dous Goyas entre os seus múltiples galardóns e que le supuxeron recoñecementos como a selección en Aubagne, festival especializado en compositores para o medio audiovisual. Con Death Whistle, Víctor García traslada a aura potente e cinemática das súas obras ao escenario e á pista a través de paisaxes sonoras, ‘ruidismo’ e puntantes melodías que envolven ao espectador nunha experiencia desarmante, inmersiva, subterránea, prófuga irresoluble entre o onírico e o terreal.

CONCRETO
Como sinónimo de formigón, Concreto representa o peso e a forza dun espectáculo no que Víctor García combina a abstracción xeométrica coa arquitectura, a natureza e a luz fracturada a través do seu particular universo visual e sonoro. Os sentidos dos espectadores serán levados ao límite, experimentando sensacións que precede á materialización das emocións.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 22 de Outubro de 2021 | 20:30