Cine Musical

DIRTY DANCING SING-ALONG

VERSIÓN DOBRADA COAS CANCIÓNS EN V.O. SUBTITULADAS

Vén a cantar e a bailar un dos grandes éxitos do catálogo Sing-Along. Tras ‘Grease’, ‘Moulin Rouge’ e ‘The Rocky Horror Picture Show’ chega… ¡’Dirty Dancing’! O fenómeno que fixo saltar a millóns de mozos a finais dos anos oitenta, conta a historia de Johnny Castle (interpretado polo desaparecido Patrick Swayze). El é un profesor de baile con grande experiencia, e con gran afección aos romances. Ela, Baby Houseman (Jennifer Grey) é unha adolescente de 17 anos, inocente e anódina, que o coñece durante un verán no balneario no que el traballa. Ambos proceden de mundos moi distintos, pero a música e a roupa cómoda estreitan os lazos entre a parella … Vén ao teatro a bailar o merengue e a pachanga, a ouvear con cada paso. It’s the time of your life!

*Prezo para ‘Sonrisas y Lágrimas Sing-Along’ e ‘Dirty Dancing Sing-Along’ANTICIPADA: 18€. DÍA FUNCIÓN: 20€