Ópera

Don Giovanni

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA

Nova produción de Amigos de la Ópera de A Coruña

En 1798 A Coruña converteuse na primeira cidade española en acoller a estrea da que para moitos é a ‘ópera das óperas’, o Don Giovanni de W.A. Mozart. Continuando coas celebracións do 250 aniversario da chegada da ópera a esta cidade, que iniciamos o pasado ano co espectáculo adicado ao fundador do primeiro teatro coruñés, Nicola Setaro, agora estrearemos unha nova produción da obra maestra de Mozart, que será a primeira aproximación teatral a un doks grandes mitos da cultura universal por parte do prestixioso realizador Carlos Saura.

Saura, que firmará a posta en escena e a escenografía desta ópera, xa levou ao cine Io Don Giovanni, unha das súas películas máis celebradas entre as recentes, aproximación particular ao universo de Lorenzo Daponte, autor do libreto. Do vestiario encargarase o prestixioso deseñador Pedro Moreno, gañador de dous premios Goya (El perro del hortelano, Goya en Burdeos).

Á fronte da Sinfónica de Galicia e do Coro Gaos situarase Miguel Ángel Gómez Martínez, o director español que máis veces dirixiu a Filarmónica de Viena en ópera. Encabeza o reparto vocal, tralo seu recente triunfo no Metropolitan de Nova Iorque, o barítono andaluz Juan Jesús Rodríguez, que seguirá os pasos do gran Don Juan español, Antonio Campó, tan vencellado a esta cidade. Xunto a Rodríguez debutan en España a soprano italiana Gilda Fium (Donna Anna) e a mezzo norteamericana Ginger Costa-Jackson (Dona Elvira). O resto do elenco confórmano recoñecidos cantantes españois como o baixo Simón Orfila (Leporello), un dos máis asiduos invitados o Festival de Pésaro; a soprano, e estrela emerxente da Ópera de Berlín, Rocío Pérez (Zerlina); o tenor Francisco Corujo (Don Ottavio), tralo éxito colleitado aquí en Falstaff baixo a batuta de Zedda; e o ascendente barítono canario Gerardo Boullón (Masetto).

Prezo: ENTRADAS Á VENDA O 24 DE XULLO



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 13 de Setembro de 2019 | 20:00
  • Domingo, 15 de Setembro de 2019 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

Don Giovanni: Juan Jesús Rodríguez, barítono
Leporello: Simón Orfila, bajo
Donna Anna: Gilda Fiume, soprano
Donna Elvira: Ginger Costa-Jackson, mezzosoprano
Don Ottavi: Francisco Corujo, tenor
Zerlina: Rocío Pérez, soprano
Masetto: Gerardo Bullón, barítono
Il Comendatore: Andrii Goniukov, bajo

Coro Gaos
Orquesta Sinfónica de Galicia
Miguel Ángel Gómez Martínez, dirección musical