Teatro

DON JUAN TENORIO [ESTREA] Produción propia

Estreamos unha produción do Teatro Colón, a Orquestra de Cámara Galega e a compañía de Teatro Noite Bohemia.

O costume de escenificar “Don Juan Tenorio” de José Zorrilla (1884) arredor do Día dos Defuntos é unha tradición que ten as súas orixes a mediados do século XIX e que se debe ao feito que os mortos teñen un papel destacado na resolución desta obra.

O Teatro Colón pretende recuperar esta tradición, hai anos fortemente arraigada na cidade da Coruña, e faino con todo o respecto e ilusión, coa colaboración de Noite Bohemia, dirixida por Javier Fernández Mariño, e da Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba.

A intención é que sexa o primeiro dun acto que se repita cada ano e que quede na axenda de todos os coruñeses.

Prezo: 8 €
Duración: 120 minutos

Calificación: PA

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 31 de Outubro de 2014 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

AUTOR: JOSÉ ZORRILLA. ADAPTACIÓN: RICARDO MARTÍN FERNÁNDEZ. DIRECCIÓN: JAVIER FERNÁNDEZ MARIÑO. DIRECCIÓN MUSICAL: ROGELIO GROBA. REPARTO: TONE MARTÍNEZ, ALBA BERMÚDEZ, MARIO RODRÍGUEZ, ELENA LAGO, PABLO SEOANE RÚA. COA COLABORACIÓN DE: FUCC (FEDERACIÓN UNIÓN DE COMERCIOS CORUÑESES) E A OCGA (ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA).